Feira Imaxinaria 2016 – Xuntanza da “Comisión de Festas” o 22 de Xullo

Posted · Add Comment

Esta semana teremos a primeira reunión da Comisión de Festas da GZimaxinaria, co gallo de pensar e coordinar o traballo para celebrar VII edición da Feira Imaxinaria, a finais do verán, na rexión do Val Miñor.

Xa temos escollidas as datas, do 9 ao 11 de setembro, para evitar coincidir con outros festivais afíns. Temos tamén de ollo un posible lugar ideal, ainda por confirmar.

Pero sobre todo temos claro que a Feira Imaxinaria precisa de intelixencia colectiva, e por iso convocamos para o venres 22 de Xullo a quen queira participar en pensar a Fi2016, metodoloxías, contidos, áreas e frontes de organización, no local social da Casa Colorida (Rosalía de Castro 16, Nigrán).

Para quen prefira participar dende a distancia, contaremos cunha canle aberta de conversa online en https://meet.jit.si/fi2016

Toda a info por agora sobre esta convocatoria na web da Feira Imaxinaria e no pad colaborativo asociado.

https://pads.imaxinaria.org/p/fi2016

Comments are closed.