GzImaxinaria no encontro “Códigos Comunes” do Medialab Prado

Posted · Add Comment

Os días 28, 29  e 30 de setembro, se desenvolveu un encontro -previa chamada aberta á participación-  titulado Códigos comunes no Medialab Prado (Madrid) ao que GzImaxinaria asistiu, entendendo que un encontro no que se debate e pretende innovar sobre o código medular das nosas praxes, sería un espazo onde nos posibilitaría trocar e nos enriquecer mutuamente.

E así foi.

Ao encontro asistimos en igualdade de condición e baixo proposta horizontal de traballo colectivo,  institucións, extitucións, proxectos e persoas convencidas da necesidade dunha virada do ámbito público cara aos comúns.

Duas compañeiras de GzImaxinaria participamos ao longo de todo o encontro, fixemos unha relatoría en documento colaborativo e  facilitamos o streaming das ponencias para compartilo na rede territorial galega e alén dela.

Streamings:
Códigos Comunes (Rodas de conversas e palestras)

Códigos operativos de lo jurídico

mad_medialab_16-1876  mad_medialab_16-1901

Este encontro estaba orientado á escoita de palestras relacionadas coa historia dos comúns, os comúns en relación ao ámbito constitucional, tentativas de rexistros de normativa do común, e outras.

En cada unha das exposicións das persoas expertas,  se destilaba sempre o detrimento do común no ámbito público e nas súas administracións,  e se constataba en cada intervención, a necesidade imperiosa dunha virada do público ao común.

En tanto esa virada parece non poder acontecer en curto prazo, e conscientes do proceso de transición que iso supón, neste encontro entre institucións e extituciòns, o clima e traballo coletivo levaba a construir unha sorte de hibridación posible que se deu nun traballo conxunto en mesas por temáticas e postas en común.

Esas mesas de traballo temáticas, foron dinamizadas polo equipo humano do Medialab Prado, para que a intelixencia colectiva alí congregada, puideramos xuntas nivelar conceptos, experiencias, necesidades e obxetivos co propósito final de facer posible un “Laboratorio de Innovación Xurídica dos Comúns”.

Nas mesas, nas que estiveron presentes en traballo participativo e horizontal tanto palestrantes coma asistentes, se achegaron conxuntamente conceptos e praxes sobre “Tipos de comúns“, “Modos de xestións dos comúns“, “Dereitos e obligacions dos comúns“, “Ferramentas tech para deliberación e construcción xurídica” e “Concepto, metodoloxía e estructura cara a un Laboratoria de Innovación Xurídica“.

mad_medialab_16-1884mad_medialab_16-1889

 

Atopamos estes procesos moi poderosos para mudar o predefinido e os compromisos atávicos coa inviabilidade, que abren procesos innovadores e criativos posibilitando mudar o xeito de pensar máis constructivos tanto nos movementos sociais dos comúns, coma nas institucións.

Rematamos a xornada, recollendo dende o MediaLab o compromiso de manter este laboratorio dinámico e funcionando.

Comments are closed.