GZimaxinaria no II Encontro Cultura e Cidadanía

Posted · Add Comment

Actualización: Streaming da presentación.

O vindeiro xoves 13 de Outubro estamos convidadxs a participar no II Encontro de Cultura e Cidadanía en Madrid.

Desta volta tócalle á Rede GZi se amosar ao completo nas mesas de exposición de proxectos, sobre a temática dos “Diálogos Rural/Urbán Local/Global”, xunto con Agronautas e Rural Contemporánea. No mesmo encontro contaremos tamén coa participación de ManHauser, de Alg-a Lab, no debate sobre “Experimentación e Innovación en Contextos Excéntricos”.

Xa é o segundo ano deste encontro e o segundo no que participamos parceiros da Rede galega de Cultura Libre e Dixital. O pasado ano, entre toda a galeguidade alí presente, estiveron Fran Quiroga de Montenoso e Silvia Villar da Casa Colorida.

O II encontro dirixe o seu ollar a unha realidade poliédrica con deriva semántica múltiple: O Territorio. Isto inclúe, necesariamente, a esfera do lugar, pero tamén implica unha dimensión relacional que enfatiza intercambios, negociacións, cruces e fluxos que se producen ou latexan nun determinado espazo cultural. Ademais da cidade ou municipio a cultura tamén é expresada dende espazos de encontro e de tecidos de relacións que superan e transcenden o estritamente local. Pares como centro-periferia, global-local ou urbano-rural rexeitan calquera carácter absoluto ou antagonista, e semellan máis como realidades ambiguas e polisémicas, constantemente redifiniéndose, baseadas non tanto sobre en atributos definitorios coma en relacións e procesos. O territorio é tamén unha realidade flexible en termos espaciais e simbólicos, que pode ampliarse ou contraerse, dependendo do tempo, as circunstancias e intereses específicos.
O encontro poderáse seguir en Streaming os días 13 e 14 deste mes dende a web e redes sociais: facebook.com/Culturayciudadania / @cultuciudadania

Comments are closed.