Gzin’ 25 e 26 de Xullo na Casa Colorida

Posted · Add Comment

Os vindeiros 25 e 26 de Xullo terá lugar un encontro GZin’ na Casa Colorida de Nigrán.

O encontro GZin’ é unha xuntanza de coordinación e posta en común dos colectivos e parceiros da coop., e que se produce eventualmente.

Nesta ocasión trataremos principalmente o desenvolvemento do Sistema de Estudos Independentes e o deseño da Feira Imaxinaria 2015, que terá lugar na primeira semana de setembro. Tamén avanzaremos na nosa integración -potencialmente transversal a varios procesos- na economía e redes da FairCoop, co gallo da Semana do FairCoin (24-31 de Xullo)

Tamén haberá algo de celebración e se cabe, algo de praia 🙂

Vémonos lá!

Comments are closed.