O servidor da Imaxinaria é un recurso de xestión colectiva que poñemos a disposición de proxectos autoxestionados de Cultura Libre, ecoSociais e activismo do Común.

Ademais do recurso aberto que xa estamos a ofrecer, coma a Rede Imaxinaria, ou a recén creada Universidade Imaxinaria, podémoste dar acceso aos seguintes servizos:

  • Hospedaxe Web con SSL
  • Acceso Ftp
  • Correo electrónico

Como acceder a estes servizos?

Se precisas algún destes servizos so tes que nos escribir a gz [arroba] imaxinaria.org explicándonos o teu proxecto e as túas necesidades.

Que custe ten?

Pois coma din as compas de Saramaganta, “a vaquiña polo que vale” 🙂

A participación no Servidor Imaxinario implica a aportación dun mínimo de 30€ anuais, que se sumarán aos recursos colectivos que estamos poñendo para costear o servidor. Mais tamén aceptamos FairCoins!

Mais tamén: dende a nosa experiencia de autoxestión colectiva, comprendemos que o Novo Mundo Posible constrúese integralmente creando alternativas, e iso implica en moitos casos o desenvolvemento de economías alternativas. Se ti ou o teu proxecto colectivo dispoñedes dalgún recurso que, falando, puidera suplir unha carencia económica, estamos ben abertos a falar!

O equipo da Coop Imaxinaria.